Os pescadores de Burela piden a Portos a reapertura do porto comercial ademais doutras medidas
O colectivo de pescadores de Burela manifestou unha serie de requerimentos a Portos para chegar a un acordo.
O pasado 19 de xullo houbo unha reunión no Concello de Burela entre o alcalde, a concelleira de Mar e representantes docolectivo de pescadores, para tratar dos problemas que estos últimos atopan tras o peche do Porto comercial á prácticas da pesca recreativa fóra de horas de traballo (tras un ano aberto sen ningún incidente).
Acordouse aceptar a mediación do Concello con Portos, e que este fixera chegar as 1500 sinaturas en apoio á pesca recreativa no Porto de Burela á presidenta de Portos Susana Lenguas.
Días máis tarde remitiuse un escrito xustificativo das demandas dos pescadores á concelleira de Mar, María del Carmen López. Pídese a reapertura do Porto comercial, fóra de horas de traballo, tanto para a pesca recreativa como para o culto á Virxe do Carme, situada na punta do Porto comercial. O Concello de Burela ofrécese tamén para intermediar entre Portos e os pescadores para a apertura de novas zonas para a práctica da pesca recreativa.
Afirman os pescadores que hai varias opcións para facelo posible, sin que a xente teña que atravesar a zona de almacenamiento da madeira, como pode ser balizar a la zona máis próxima ó mar (onde remata o asfalto de rodada de maquinaria e empeza o formación estructural do peirao).
Tamén se está disposto a facer tarxetas de acceso á porta xiratoria, se Portos activa o control de acceso da porta. Estas tarxetas poderíanse emitir ós pescadores que aporten no Concello toda a documentación necesaria para poder pescar no porto (licencia de pesca, seguro RC de 450.000€, seguro de accidentes de 300.000€ e de falecemento de 30.000€, así como a formalización da documentación na páxina de Portos asinando a declaración responsable do uso das instalacións portuarias) e ós fieles á Virxe do Carme.
Os pescadores esperan que Portos de Galicia "escoite ó pobo de Burela e chegue a un acordo para o uso axeitado do espacio portuario, convivindo coas actividades portuarias".
Engaden que "é obrigación das institución públicas o fomento das actividades de lecer dun xeito responsable, circunstancia que agora mesmo se ve moi limitada, repercutindo moi negativamente no maltreito comercio local que sigue sofrindo os efectos da crise económica.
O colectivo de pescadores está disposto a reunirse con Portos, coa mediación do Concello, e chegar un acordo satisfactorio para ambas partes. Tamén están en trámites para facer un clube de pesca local que impulse esta actividades e fomente a formación das novas xeneracións e a inclusión do saber dos nosos mariñeiros para manter unha tradición ancestral.
BNG
O voceiro nacionalista, Mario Pillado, quixo incidir en que “tanto Portos de Galicia coma o Concello de Burela deben aparcar as disputas e poñerse dacordo para chegar a unha solución nesta problemática. Para nós teñen esa obriga, tendo moi claro que as competencias no porto son da institución autonómica”.
Rematou Pillado engadindo que “non se nos pode esquecer nunca ós representantes e cargos públicos que estamos en primeiro lugar para servir á veciñanza, que é a que nos ten que evaluar na nosa xusta medida nas eleccións. E semella que neste verán xa hai quen pensa mais neste último momento que no noso principal cometido que é o servizo público”