Os pequenos do programa Cervo Concilia recibiron unha visita moi especial
Os pequenos do programa Cervo Concilia recibiron unha visita moi especial, a de Vilma e a da súa guía Rosa, especialista en intervencións asistidas con cans no ámbito educativo.
Con elas desfrutaron moitísmo dun taller de iniciación á lingua de signos, no que aprenderon a expresar os seus nomes, a saudar, ou as diferentes fórmulas de cortesía.
Vilma é sen dúbida unha moi boa compañeira de aprendizaxe para os nenos, un estímulo vivo que os motiva e crea vínculos afectivos con eles.
Vilma é un can debidamente seleccionado e formado en EFORP (Escola de Formación do Perro de Asistencia para a Intervención terapéutica, educativa e social); a través do "Método Pellitero" co que se consegue un can socialmente competente, con destrezas sociais e emocionalmente equillibrado. Vilma é un can adaptado á contorna de traballo, con alta tolerancia ao estrés e cun gran control emocional.