Os organizadores do Mercado Medieval de Mondoñedo comezan cos preparativos
Os organizadores do Mercado Medieval de Mondoñedo, que este ano chega a súa trixésima edición, comezan a facer os preparativos do evento que se celebrará os días 12, 13 e 14 de agosto.
Para elo están a promocionar as vodas medievais polo rito mozárabe ou a buscar participantes para ser merina ou merino no Mercado.
Para participar ou recabar máis información será necesario ser maior de 18 anos e anotarse antes do domingo 26 de xuño na oficina de turismo mindoniense.
O ano pasado Mondoñedo celebrou o XXIX Mercado Medieval cunha edición simbólica os días 13, 14 e 15 de agosto. Unha edición que aínda estivo marcada pola pandemia polo que contou cun protocolo de seguridade, co fin de cumprir totalmente as medidas sanitarias de prevención fronte aos contaxios da covid-19.
Polo tanto, non houbo actividades de degustación gastronómica e existiu unha ambientación simbólica cun marcado carácter histórico e cultural que incluía actividades na praza da Catedral.