Os nenos e nenas de Xove poden participar nun obradoiro de papiroflexia por Samaín

AMariñaXa
Do 23 ao 28 de outubro os nenos e nenas do Concello de Xove poden achegarse ao centro xuvenil para colaborar na súa decoración con motivo do Samaín.
samain cabazas vela
22 Out 2023

Do 23 ao 28 de outubro os nenos e nenas do Concello de Xove poden achegarse ao centro xuvenil para colaborar na súa decoración con motivo do Samaín. O obradoiro de papiroflexia será das 16.30 ás 19.30 horas.

A proposta, que conta coa colaboración do grupo de participación xuvenil Impacto Xuvenil, está aberta a todas as idades.

Os cativos e cativas interesados poden animarse e participar na actividade tanto sós como coa compañía dun adulto.

papiroflexia samain xove xuventude
0.10111093521118