Os nenos de Xove desfrutaron das actividades medioambientais de verán
AMariñaXa
Os nenos de Xove desfrutaron das actividades medioambientais de verán. Tiveron un plan intenso e variado de actividades
16 Xul 2022
Durante os días 13, 14 e 15 de xullo un grupo de 25 nenas e nenos, de idades comprendidas entre 9 e 13 anos, gozaron duns días de campamento en Morás dentro do Programa de actividades de carácter medioambiental para xoves do Concello de Xove.
Nestes tres días, dende a saída o mércores ás 10.30 ata o regreso o venres ás 20.15 horas, tiveron un plan intenso e variado de actividades en contacto estreito ca natureza que comprendeu desde a montaxe e a desmontaxe do campamento, o obradoiro Coidamos da natureza, surf na praia de Esteiro, sendeirismo, kaiaks, xogos acuáticos, tiro con arco e moitos xogos máis para o máximo goce da rapazada participante.
Este campamento está encadrado dentro de Xuventude no Programa de verán do Concello de Xove.