Os nenos de Ourol poderán pedir as axudas ao transporte escolar

AMariñaXa
Os nenos do Concello de Ourol que estean cursando algún tipo de ensinanza fóra poderán pedir as axudas ao transporte escolar.
bus parada escolar
12 Xul 2021

Os nenos do Concello de Ourol que estean cursando Bacharelato ou algunha modalidade de ciclos formativos de grao medio ou superior e graos, masters, teses ou doutorados universitarios, agás os realizados na modalidade de formación a distancia ou online, poderán pedir as axudas ao transporte escolar.

Como requisitos figuran o estar empadroado no Concello e estar matriculado no curso académico 2020-2021 en centros de ensinanza financiados con fondos públicos nos que se cursen os estudos relacionados.

Haberá varios tipos de axudas segundo a quilometraxe na que estea incluído, de 1 a 15 km a axuda será de 120 euros; de 15 a 50 km, 150 euros; de 50 a 175 km, 200 euros; e de máis de 175 km a axuda ascenderá a 250 euros.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 21 de xullo.

0.16695690155029