Os nacionalistas de Xove piden solucións ante a problemática da auga corrente

AMariñaXa
A concelleira Pilar Vázquez pediu así unha explicación por parte do Goberno local tanto da situación actual como futura a curto prazo
Concello-de-Xove-edificio-casa-consistorial
2 Out 2024

O BNG de Xove, da man do concelleiro Miguel García, roga a reparación das fochancas na Pista sentido único ascendente Vilar/Rotonda LU-862. Debido ó tránsito deste camiño, utilizado sobre todo por traballadores da factoría Alcoa e pola súa función de regulación do tráfico para evitar cruces de vehículos na estrada de Vilar, rogan reparación urxente. Ademais, tendo en conta a situación da auga corrente da vila, dende o grupo político piden unha explicación á problemática, “un mal que está afectando moi negativamente o día a día de cada xovense”.

A concelleira Pilar Vázquez pediu así unha explicación por parte do Goberno local tanto da situación actual como futura a curto prazo para atallar a problemática que están a padecer. Dende a Alcaldía apuntan a que co proxecto rematado, solicitaron dúas modificacións sobre o mesmo para atallar dos problemas que se detectaron recentemente como son, o incremento do valor do aluminio nas últimas analíticas na captación de Monte.

Deste xeito, esperan contar co documento definitivo o antes posible, co fin de solicitar financiamento externo para a execución da obra á Xunta de Galicia antes de que teñan rematados os orzamentos para o ano 2025. No caso de non contar con financiamento externo, a obra podería ser financiada con remanente líquido de tesourería. Por outra banda, no tocante á redución de horario da escola municipal, os socialistas interesáronse por ese cambio que segundo indicou o rexedor se debe á redución da xornada dos traballadores co novo convenio, cando xa estaba rematado o prazo de matrícula para o curso 2024-2025.

0.046364068984985