Os Macanudos: “Contaremos coa axuda dos Cabezudos e Xigantes que animarán o percorrido”

AMariñaXa
Entroido. Falamos cos Macanudos de Barreiros, que xunto co Concello e Habelas Hainas, organizan a festa de Entroido
os macanudos barreiros
20 Feb 2023

Por Ana Somoza López.

O Entroido de Barreiros está organizado polo Concello, malia que os grupos Macanudos e Habelas Hainas sempre colaboraron con el.

Canto tempo levan organizado o Entroido?

Levamos arredor duns cinco anos. E desde que se creou o grupo Habelas Hainas, somos as dúas entidades as que compartimos esta organización.

Algunha novidade?

Si. Este ano uniuse a comisión de festas de San Bartolo.

Contan xa con programa?

O desfile será o venres 24 e sairá dende o Concello para rematar no centro social. Xa pola noite, previsiblemente, haberá unha cea e un baile no pavillón.

Haberá sorteo?

Durante a cea adoita haber un sorteo de cesta de produtos típicos aportados polos comerciantes.

Cantas categorías hai?

Hai as de comparsas, grupos, parellas, infantil parella e grupo. Para participar será necesario anotarse no Concello.

Que destaca do Entroido?

O noso Entroido destaca por si un percorrido curto e ademais é pola noite. Tamén contamos con seis Cabezudos e dous Xigantes que animan a ruta, malia que faga mal tempo pois os Xigantes non poden saír.

Que son os Cabezudos e Xigantes?

Son unhas figuras que saen durante a festa e representan a un pallaso, un home e unha señora maior, un licenciado e un mariñeiro e foron creadas polos veciños do concello baixo as ordes do artista Juan Puchades.

Algunha lembranza especial?

Eu creo que para todos os veciños foi un momento moi especial o de volver ver os Xigantes e os Cabezudos polas rúas, despois de ser restaurados no 2021.


Pódese consultar o resto de entrevistas de Entroido:

Comparsa Sin Xeito: “O noso obxectivo é desfrutar moitos anos máis da mellor festa de todas"

Uxía, raiña do Entroido de Foz: “É un privilexio e unha responsabilidade”

ACD As Minas: “A nosa festa caracterízase por contar cun ambiente moi familiar“ 

O Mellor de cada casa: “O deseño xa está pensado dende o verán”

Comisión de Festas do Vicedo: “Lanzaremos foguetes para marcar o comezo”

ACIAL Lourenzá: “Os rapaces preparan dúas carrozas espectaculares, animan e fan rir” (25 de febreiro)

O Picato: “Contaremos con 3.000 euros en premios” (2 de marzo)

os macanudos barreiros   fotos antigas 3
os macanudos barreiros   fotos antigas 1
os macanudos barreiros   fotos antigas 2
0.1680760383606