Os locais de Viveiro poderán abrir unha hora máis as noites do Mércores e Xoves Santo
O Concello de Viveiro tramitou o expediente necesario ante a Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para obter a autorización de ampliación do horario de peche dos establecementos públicos do Concello de Viveiro, nunha hora sobre o horario habitual legalmente establecido, para a noite do mércores 17 ao xoves 18 de abril de 2019, con motivo da celebración da Semana Santa, e a noite do venres 17 ao 18 de maio de 2019, con motivo da celebración das Letras Galegas.
Estas novas datas súmanse a autorización existente previamente, a partir da solicitude presentada pola Asociación de Hostaleiros da Provincia de Lugo, para diversas festividades do primeiro semestre de 2019.
Consecuentemente, durante a celebración da Semana Santa 2019 os hostaleiros de Viveiro poderán ampliar o seu horario de peche, nunha hora máis do legalmente establecido, nas seguintes datas: noite do mércores 17 ao xoves 18 de abril de 2019, noite do xoves 18 ao venres 19 de abril de 2019, noite do venres 19 ao sábado 20 de abril de 2019, e a noite do sábado 20 ao domingo 21 de abril de 2019.