Os laurentinos festexan a San Pedro Fiz ao carón do río na Cazolga

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
18 Ago 2019

Os veciños da área laurentina da Cazolga festexarán a San Pedro Fiz, o santo que dá nome á súa capela, ao carón do río e en plena área recreativa do lugar homónimo. As festas serán do 23 ao 25 de agosto. Moitos mesmo aproveitan o lugar para quedar de campada porque se fai bo tempo, é habitual bañarse no cauce. É unha cita para o desfrute das familias e dos amigos e á que se pode sumar calquera de fóra de Lourenzá.

A festividade arrinca o 23 de agosto cunha gran pulpada e churrascada ás 21.30 horas que vai ser servida polo bar Rochela de Vilalba. Ás 23 horas o grupo Lume, con Miguel Torres, amenizará a verbena xuno ao dúo Epo-k.

O sábado, trala misa solemne e a procesión das 13 horas, o grupo Chastton, con Melchor, porálle a música a sesión vermú e tamén á verbena na que se subirán ao escenario co dúo Os Adrianos.

E xa o domingo 25 de agosto, ás 13.30 horas culminarán as festas con outra eucaristía e procesión cuxa sesión vermú amenizará o dúo Explosión.

Os organizadores son os membros da Comunidade de Montes Verín e Carrás e fan as festas baixo o lema, 'se te queres divertir, a Cazolga tes que vir'.

0.11752486228943