Os hospitais galegos precisan sangue dos grupos A positivo e 0 negativo

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue realiza un chamamento xeneralizado á doazón de sangue dos grupos A Positivo e 0 negativo.
autobus doazon sangue galicia portada
13 Sep 2023

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realiza un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de maneira especial, aos doantes dos grupos A Positivo e 0 Negativo. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. Cómpre lembrar que os hospitais de Galicia necesitan entre 400 e 500 diarias para desenvolver de maneira eficaz o seu gran labor asistencial

En moitas das tarefas que se realizan a diario nos centros sanitarios de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os hospitais. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de toda a cidadanía, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.

Ademais, as distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.

Pódese doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas. En Lugo está no HULA, de luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas e martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas.

Doar é moi sinxelo e seguro

Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.

autobus doazon sangue galicia
0.18023705482483