Os híbridos eléctricos beneficiaranse en Ribadeo dunha bonificación do 50 %

AMariñaXa
Tamén aprobou definitivamente a ordenanza reguladora da prestación patrimonial de carácter non tributario
Dani-Vega
27 Xuño 2024

Os coches híbridos eléctrico beneficiaranse en Ribadeo dunha bonificación do 50 % no imposto de vehículos a partires do ano 2025. Así foi aprobado no último pleno celebrado. O alcalde, Daniel Vega, explicou que “estamos a falar da bonificación pola clase de carburante e a súa incidencia no medio ambiente, é dicir a bonificación do 50 % nos coches híbridos eléctricos. Entrará en vigor no seguinte ano presupostario, no 2025”.

Tamén aprobou definitivamente a ordenanza reguladora da prestación patrimonial de carácter non tributario, é dicir, “as tarifas dos servizos municipais de abastecemento da auga potable, a rede de sumidoiros e depuración, a súa estrutura de custos, o estudio de viabilidade e a revisión de prezos”. A mellora da accesibilidade nos edificios públicos tamén estivo presente na sesión plenaria. “E no punto último o que fixemos foi modificar o anexo de inversións no ano 2024, é dicir neste presuposto. Aquí o que fixemos foi solicitar unha subvención á Xunta de Galicia, apórtannos 40.000 euros, nós temos que aportar 4.000”:

Así van a construír un ascensor “para mellorar a accesibilidade do edificio da Escola de Música, tamén imos eliminar esa rampla lateral que impide que calquera persoa con dificultades poida acceder e así temos un edificio accesible con mellores condicións”. Polo tanto, pouco a pouco “iremos mellorando a accesibilidade dos edificios públicos e quixemos empezar pola Escola de Música”, engadiu o alcalde, Dani Vega.

 

0.1966450214386