Os focenses prepáranse para a II Festa do Mexillón
Os focenses teñen unha cita un ano máis na área recreativa Obispo Santo de Forxán, en Foz. O vindeiro xoves 15 de agosto o espazo será escenario dunha nova convocatoria da Festa do Mexillón. A cita, que chega a súa segunda convocatoria, comezará ás 14.00 horas.
Os asistentes poderán gozar da gran actuación musical de Dj e de colchonetas infantís para a cativada, que serán de balde. Ademais, haberá carpa e servizo de bar. O menú ten un prezo de 15 euros e inclúe ración de mexillón, empanada, auga ou viño, Requeixo e café. Os interesados poden mercar os seus tíquets aos membros da asociación: Bar O Candil, Bar Escairo, Mercacartuchos Foz.
A celebración, que se vai consolidando no calendario do municipio, está organizada pola Asociación Obispo Santo e conta coa colaboración do Concello de Foz, da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia.