Os faros da Costa da Morte iluminan a Península da Paz de Cervo gracias a unha exposición itinerante
Os faros da Costa da Morte iluminan a Península da Paz de Cervo gracias a unha exposición que está composta por oito pezas decoradas por ambas caras, co cal suman 16 creacións nas que aparecen representados estes faros.
Esta mostra, que estará instalada durante todo o ano no paseo do Torno, en San Cibrao para o desfrute de veciños e visitantes, chega agora ao concello cervense tras pasar por diferentes localidades como Fisterra, Sanxenxo ou a cidade da Coruña.
Esta exposición pertence á penúltima edición do certame, a oitava, do Concurso de Murales de Azulejo Lar, dirixido a estudiantes da ESO e que desde o primeiro momento tivo moita aceptación por parte dos centros, profesorado e alumnado.
"A arte non é só unha actividade lucrativa, se non unha actividade altruísta e formativa, especialmente entre os novos estudantes. Por iso crean obras arquitectónicas que se expoñen en espazos públicos, decorando e promocionando aspectos da nosa cultura", din dende a organización do certame.
"O colectivo da educación necesita actividades lúdicas que se complementen coas áreas educativas obrigatorias, que lles acheguen unha visión practica real", engaden.
Hai actualmente 9 coleccións expostas en diferentes lugares, representando temas como O Camiño de Santiago, os faros da Costa da Morte, os mariscos, os deportes acuáticos, xogos populares galegos, o desenvolvemento sostible do Mar e Fondos mariños, exceptuando o primeiro ano que o tema foi libre.