Os estudantes de Ourol poderán pedir as axudas ao transporte escolar

AMariñaXa
Os nenos do Concello de Ourol que estean cursando algún tipo de ensinanza fóra poderán pedir as axudas ao transporte escolar.
bus parada escolar
26 Sep 2023

Os nenos do Concello de Ourol que estean cursando estudos fora do municipio poderán solicitar as axudas ao transporte escolar 2023-2024.

Como requisitos figuran o estar matriculado no curso académico 2022-2023 en centros de ensinanza financiados con fondos públicos nos que se cursen os estudos relacionados. Este cursos poden ser de bacharelato, ciclos formativos de grao medio ou superior e graos, masters, teses ou doutorados universitarios.

Haberá varios tipos de axudas segundo a quilometraxe na que estea incluído, de 1 a 15 km a axuda será de 120 euros; de 15 a 50 km, 150 euros; de 50 a 175 km, 200 euros; e de máis de 175 km a axuda ascenderá a 250 euros.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 8 de outubro.

0.169429063797