Os estudantes de Alfoz poden informarse e tramitar as bolsas para o vindeiro curso

AMariñaXa
Desde o 31 de marzo ata o 11 de maio, os estudantes do Concello de Alfoz poden informarse e tramitar de xeito gratuíto as bolsas
estudante oficina mozos
31 Mar 2022

Desde o 31 de marzo ata o 11 de maio, os estudantes do Concello de Alfoz poden informarse e tramitar de xeito gratuíto as bolsas para o vindeiro curso.

É necesario pedir cita previa no teléfono 982 558 001 (ext.2). No mesmo teléfono atenderase tamén calquera dúbida ao respecto.

O Concello de Alfoz, ofrece este servizo ao alumnado de Alfoz desde hai tres cursos, xunto as tramitacións de tarxetas de bus ou as propias bolsas de transporte municipais para os estudantes. Consideramos que é fundamental axudar e informar ás familias, sobre todo nos casos en que pasan de Educación Secundaria a estudos de BAC e FP e universidade e facilitar o máximo posible todos os trámites para facilitar o acceso á educación postobrigatoria.

Este ano, o Ministerio de Educación, adianta as datas do proceso que habitualmente se realizaba nos meses de setembro e outubro. O alumnado que non teña solicitado bolsa antes do 12 de maio non poderá acceder a estas axudas para o curso 22-23.

0.18609690666199