Os establecementos de Xove contan un ano máis co Concurso de Escaparates de Nadal

AMariñaXa
Os establecementos de Xove contan un ano máis co Concurso de Escaparates de Nadal co obxectivo de potenciar a imaxe no Nadal
escaparate xove panaderia Maral 2021
3 Dec 2022

Os establecementos de Xove contan un ano máis co Concurso de Escaparates de Nadal co obxectivo de potenciar a imaxe dos establecementos comerciais a través dos seus escaparates durante as festas de Nadal.

Poderán participar neste concurso todos os establecementos comerciais do municipio. Os interesados en participar neste concurso deberán realizar a súa inscrición co formulario nas oficinas do Concello como data límite o 9 de decembro.

Os establecementos enviarán unha única fotografía do escaparate ao seguinte enderezo: aedl@xove.es antes das 24:00 horas do día 9 de decembro.

Os establecementos participantes terán total liberdade en canto á técnica e ao estilo e haberá un premio de 300 euros para o mellor escaparate.

A elección do escaparate gañador será mediante as fotos dos mesmos subidas á páxina de Facebook de EMprego e Desenvolvemento de Xove. O gañador será o que teña máis 'me gusta' do 14 de decembro ao 3 de xaneiro.

concurso escaparates nadal 2023 xove
0.11827707290649