Os do 21, a asociación decana do Vicedo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Con preto de 40 anos de historia, a actividade pasou por una etapa de adormecemento e agora recuperou o seu esplendor A asociación os do 21 do Vicedo está vivir esta tempada unha segunda xuventude tras máis de 38 anos de historia volvendo a crecer nun momento no que a actividade cultural nos pobos atopa moitas dificultades para sobrevivir aqueixados polo despoboamento e a falta de orzamentos.
mapa
20 Jun 2020

Con preto de 40 anos de historia, a actividade pasou por una etapa de adormecemento e agora recuperou o seu esplendor

A asociación os do 21 do Vicedo está vivir esta tempada unha segunda xuventude tras máis de 38 anos de historia volvendo a crecer nun momento no que a actividade cultural nos pobos atopa moitas dificultades para sobrevivir aqueixados polo despoboamento e a falta de orzamentos.

Esta grupo cultural tivo o seu nacemento no ano 82, xa fai diso 38 anos. O seu primeiro obxectivo foi estrictamente deportiva e funcionar como peña do Real Madrid. Pero como pasa nestes casos, unha cousa levou á outra e cando levaban un ano de vida e debido ás moitas inquietudes que acarreaban decidiron formarse como asociación recreativo, cultura e deportiva e tocar todos os paus.

Non deixa de chamar a atención o nome que escolleron, nome que provén dunha lenda local na que se fala dunha viaxe que fixeron 20 homes e un burro e que cando se rexistraron na posada onde ían pasar a noite foron coñecidos como Os do 21. Para ser fieis á tradición e á lenda, o burro ocupa un lugar protagonista no logo da asociación.

Xa co seu nome oficial, o grupo non tardaría máis dun ano en dar o paso definitivo para conformar un grupo de danzas e gaitas, impulados e axudados nun primeiro momento por Enrique Penabad, alma máter doutra asociación histórica, Arco da Vella, e de seguido con Juan Soto e Mari Cruz. O primeiro encargábase das clases de música mentres que os outros dous ocupábanse da sección de danza.

Nacidos no momento álxido do baile tradicional, non tardarían en organizar o seu primeiro festival, ao que seguiría un maratón de fútbol sala no polideportivo do colexio e un sin número de actividades ata que a finais dos anos 90 comezou o declive, condicionado porque a maioría dos bailaríns marcharon a estudiar fóra e o descenso da poboación.

Preto de 70 socios conforman actualmente o colectivo, que se duplicou practicamente nos últimos anos nesta segunda xuventude. A causante deste repunte foi sen dúbida a profesora Noelia Piñeiro, cunha ampla experiencia nos centros de ensino, que revitalizou a asociación creando primeiro un grupo infantil do que sairía posteriormente outro de adultos.

O éxito foi tal que, malia o despoboamento, as familias uníronse a este proxecto reivindicativo e conseguiron conformar unha estrutura sólida e continuista que engloba a socios do Vicedo, Viveiro e Ourol principalmente.

Ademais das distintas actuacións que celebran, o grupo conta con catro citas imprescindibles, o festival de Nadal, o de fin de curso (que este ano non se puido celebrar debido á situación de alerta sanitaria), por unha banda, e o Festival das Lembranzas e a Noite Meiga, que se celebran a terceira fin de semana de xullo e segunda de agosto, respectivamente, na casa da cultura local.

Asisten tamén á Mostra Folclórica de Viveiro, así como a outras citas culturais de tradición como mostra de Cambados, a de San Miguel de Reinante con ocasión da Feira do Emigrante ou súmanse aos cantos de taberna, a última modalidade de impulso do baile e canto tradicional.

Aínda que fan moitas actividades a fortaleza da asocición é o grupo folclórico e a súa escola, na que se imparte danza, gaita e pandeireta a nenos desde os 3 ata “que o corpo aguante”, divididos en cinco grupos de idade, nenos pequenos, medianos, nenas maiores, adultos e o grupo de veteneranas.

Con ensaios polo menos unha vez á semana combinan a aprendizaxe coa diversión e ao abrirse ao resto de municipios dos arredores axudou a recuperar a presencia do Vicedo no occidente da provincia.

Dentro da escola ten especial relavancia un dos grupos con máis tradición, o grupo das Lembranzas, que foi o que lle deu o nome ao festival de xullo e que está formado por mulleres de 40 anos que foron as que se iniciaron aos tres anos na asociación. Trátase de 8 mulleres que se coñecen desde nenas e que ensaian unha vez ao ano e para velas no escenario hai que esperar ao festival de xullo.

Pero sen dúbida o decano da asociación é o seu presidente, Vicente Parapar, que leva preto de trinta anos e que está vinculado á localidade “metido en todos os fregaos”, como el mesmo explica. O seu traballo consiste en facer equilibros coas contas de mantemento da asociación, que sobrevive coas cotas dos socios e unha subvención municipal e conta con respaldo de ter un local propio “que axuda moito a final de mes”.

Pero non só de baile vive o home, polo que Os do 21 contan cunha serie de actividades parelelas na procura de dinamizar a vida cultural na vila, así organizan diferentes obradoiros durante o ano. O máis recente foi de cestería e a finais de ano fíxose un de danza que queren repetir. Tamén querían facer otro de conservas, a petición do socios, que se quedou no tinteiro debido ao coronavirus.

entroido xermade
entroido rabade

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18064594268799