Os días 25 e 26 terán lugar en Lagoa, Alfoz, as festas na honra de San Vicente
TerraChaXa | AMariñaXa
9 Xan 2019
En Lagoa, Alfoz, celébranse os días 25 e 26 deste mes de xaneiro as festas na honra a San Vicente.
O sábado 25, ás 21.30 horas, terá lugar a Festa dos Callos con verbena amenizada pola orquestra Los Satélites. Haberá queimada gratuíta, e instalaranse mesas e bancos nun recinto con carpa completamente pechada e calefacción.
O domingo 26, ás 13.00 horas, celebrarase a misa solemne seguida de procesión. Haberá tamén sesión concerto e actuación coa agrupación musical Dambara.
Esta festa está organizada pola comisión de festas e Asociación de Veciños, e coa colaboración do Concello de Alfoz e a Deputación de Lugo.