Os días 2 e 3 de xullo celébranse na parroquia de Mor, en Alfoz, as Festas do San Pedro
AMariñaXa
Os días 2 e 3 de xullo celébranse na parroquia de Mor, en Alfoz, as Festas do San Pedro que contarán con música e oficios relixiosos.
28 Jun 2022
Os días 2 e 3 de xullo celébranse na parroquia de Mor, no concello de Alfoz, as Festas do San Pedro que contarán con música e oficios relixiosos.
O sábado día 2 haberá misa solemne ás 13.00 horas e procesión. De seguido terá lugar a sesión vermú e festa verbena amenizadas coa música de Los Supremos, quen será o encargado de amenizar a verbena da noite xunto con Xilo e Carlos.
O domingo, día 3, ás 13.00 horas celebrarase a misa solemne, e de seguido a sesión vermú co Dúo Epo-K.