Os cursos para maiores volven a Ourol e nesta ocasión será o de ximnasia de mantemento
Os cursos para maiores volven a Ourol e nesta ocasión será o de ximnasia de mantemento que se desenvolverá os martes e venres. As clases darán comezo o día 3 de outubro ás 11.30 horas no edificio multiusos.
Son clases cunha duración de 45 minutos na que se levarán a cabo exercicios de carácter moderado adaptados ás persoas maiores co obxectivo de desarrollar a forza, mellorar o equilibro e previr caídas. Inclúense tamén exercicios de estiramento, elasticidade e relaxación.
Ofértanse un máximo de 15 prazas que se cubrirán por orde de inscrición e para facela será necesario chamar ao 982 559 109 ou 647 512 772.
Tamén haberá un curso de adestramento de memoria que comezará o 4 d eoutubro ás 11.00 no edificio multiusos.
Con este curso preténdese axudar a compensar as posibles perdas de memoria que poidan experimentar as persoas debido á súa idade. Tamén está dirixido a aquelas persoas que, ainda sen presentar problemas de memoria, estean interesadas en aprender algunhas estratexias de memorización que poidan ser aplicadas no momento que detectten algún problema na realización das súas actividades da vida cotiá relacionado coas perdas de memoria