Os Correcamiños 4x4 organizan un campionato de supercross en Alfoz

AMariñaXa
O club focego Os Correcamiños 4x4 organiza o campionato de supercross Memorial José María Michelena que se disputará en Alfoz o domingo 14 de abril.
8 Apr 2024

O club focego Os Correcamiños 4x4 organiza o campionato de supercross Memorial José María Michelena que se disputará en Alfoz o domingo 14 de abril.

Esta proba será válida para o Trofeo Galego de Supercross e para o campionato asturiano deste deporte. O prezo da entrada é de 5 euros, pero os nenos e nenas poderán acceder gratis. Participarán as categorías Alevín SX 50, Alevín SX 55, SX 85, SX 1 SX2 SUB e Máster.

⚙ Configurar cookies
0.61878204345703