Os colexios vellos de Barreiros acollerán a obra de teatro Gloria Nacional
AMariñaXa
O domingo 17 de outubro, os colexios vellos de Barreiros acollerán a obra de teatro Gloria Nacional, escrito por Eduardo Alonso.
14 Out 2021
O domingo 17 de outubro, os colexios vellos de Barreiros acollerán a obra de teatro Gloria Nacional, escrito por Eduardo Alonso.
Este espectáculo conta cun reparto de luxo como Luma Gómez, Miguel Penas e Manuela Varela e será ás 19.00 horas.
É unha comedia de gran contido social protagonizada por Uxío, un escultor e pintor duns 60 anos que é considerado no seu tempo unha gloria nacional.