Os centros educativos de Alfoz participan no programa Programa Sinfónico no Rural

AMariñaXa
Desde o mes de novembro, rapaces de 7 a 12 anos dos centros educativos de Alfoz participan no programa Sinfónico no Rural da Fundación Xesús Bal y Gay subvencionado pola Área de Cultura municipal.
Banda Municipal de Musica O Landro de Viveiro 3
22 Xan 2023

Desde o mes de novembro, rapaces de 7 a 12 anos dos centros educativos de Alfoz participan no programa Sinfónico no Rural da Fundación Xesús Bal y Gay subvencionado pola Área de Cultura municipal.

É un programa de educación musical-social gratuíto e integrador dirixido á infancia que, a través da música, pretende formar persoas que, dun xeito activo, integrador e equilibrado, constrúan unha comunidade máis xusta e transformadora. Así, os nenos e nenas son os protagonistas do programa, polo que serán axentes activos neste cambio.

O devandito cambio desenvolverase a nivel individual, familiar, grupal e comunitario, e no contexto social, educativo e cultural da zona.

Os obxectivos xerais son os de promover o benestar integral das persoas e construír un comunidade equilibrada a través da música como elemento clave de intervención e transformación social e cultural e crear un espazo colectivo seguro e afectivo.

0.070724964141846