Os cativos da Pontenova volverán desfrutar dun campamento de verán
AMariñaXa
Os cativos do Concello da Pontenova volverán desfrutar dun campamento de verán que comezará o 26 de xullo e durará ata o 5 de agosto
12 Jul 2022
Os cativos do Concello da Pontenova volverán desfrutar dun campamento de verán que comezará o 26 de xullo e durará ata o 5 de agosto, ambos inclusive.
Nel, os rapaces poderán ir de excursión e participar en xincanas, variados obradoiros, facer todo tipo de deportes, ademáis de desfrutar das marabillas do Concello.
A actividade en principio está prevista para idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos e convén apuntarse porque hai límite de 60 prazas e será en horario de 10.00 a 14.00 horas.
Os pais ou rapaces que estean interesados en inscribirse poden facelo na Casa do Concello ou chamando ao teléfono 982 342 277, ata o 18 de xullo.
Os empadroados no Concello pagarán 20 euros polo campamento e os que non o estean, aboarán 40 euros.