Os candidatos socialistas por Lugo desfrutaron do Resurrection Fest
O Resurrection Fest, o festival que naceu e medrou en Viveiro grazas ao soño dos irmáns Iván e David Méndez e ao apoio decidido de dúas administracións gobernadas por sociallistas -Melchor Roel no Concello de Viveiro, e José Ramón Gómez Besteiro na Deputación de Lugo-, é hoxe un referente europeo para os amantes do música metal, hardcore e punk.
Os candidatos socialistas ao Congreso e Senado, José Ramón Gómez Besteiro, Patricia Otero e César Mogo, acompañados pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a subdelegada do Goberno na provincia de Lugo, Isabel Rodríguez, asisten á xornada de clausura do evento musical que congregou no campo de fútbol de Viveiro a preto de 150.000 persoas procedentes de 46 países diferentes.
Os socialistas tiveron a oportunidade de conversar con David Méndez, que cualificou esta edición, de “gran éxito” e disfrutaron dos diferentes concertos programados na tarde/noite do sábado.