Os Cabaleiros do Landro de Viveiro fanse cargo da organización da Feira das Maulas de Galdo
A asociación Cabaleiros do Landro de Viveiro, colectivo organizador das carreiras de cabalos no municipio, fíxose cargo da organización da Feira das Maulas de Galdo. A cita festiva será o 12 de maio.
Esta tradicional Feira de Galdo sempre foi organizada pola asociación de veciños, coa colaboración do Concello de Viveiro, para a cal “o Concello achegaba uns 7.000 euros, xa que non era posible asumilo por parte da asociación de veciños”, sinalan dende o Goberno local. E nesta ocasión o Concello de Viveiro tampouco podía asumir a súa organización e finaciamento.
Como dixeron os Cabaleiros do Landro "facémolo para que as tradicións non se perdan, para que todos podades desfrutala un ano máis".
A Feira das Maulas naceu como unha feira franca ou libre, na que os veciños de Galdo vendían aparellos de labranza, gando, pan, viño, panos ou froita.
https://galiciaxa.com/2022/09/amxa/sec-amxa/dep-amxa/170823/
https://galiciaxa.com/2023/07/amxa/zonas-amxa/viveiro-amxa/220408/