Os Cabaleiros de Trabada organiza a súa primeira ruta cabalar o 18 de abril

O concello de Trabada celebrará o vindeiro 18 de abril de 2026 a primeira edición da Ruta Cabalar de Trabada, unha iniciativa que nace coa intención de reunir aos afeccionados ao mundo ecuestre e dinamizar a vida social e festiva do municipio.
A actividade comezará ás 10:00 horas, coa saída desde o Colexio de Trabada, punto no que se darán cita os participantes para iniciar un percorrido polos camiños e paraxes naturais da zona. A proposta busca combinar o disfrute da natureza co encontro entre cabaleiros e amantes dos cabalos.
Durante o traxecto realizarase unha parada a metade da ruta na que se ofrecerán pinchos, permitindo aos asistentes descansar e compartir un momento de convivencia antes de continuar o percorrido.
Unha vez rematada a ruta, a xornada continuará cunha sesión vermú a partir das 13:30 horas, preludio da comida popular prevista para as 15:00 horas, aberta tanto aos participantes como a todas aquelas persoas que desexen sumarse á celebración.
A festa prolongarase pola tarde cun tardeo con música e agasallos, no que actuará o grupo The Sound Project, encargado de animar o ambiente e poñer banda sonora á primeira edición deste encontro cabalar.
O prezo da comida será de 30 euros por persoa, mentres que os nenos de ata 10 anos pagarán 16 euros. Desde a organización lembran tamén que cada cabaleiro será responsable dos posibles danos ocasionados por el ou polo seu cabalo durante a actividade.
A iniciativa conta coa colaboración de distintas empresas e entidades locais, que apoian a posta en marcha deste novo evento co obxectivo de convertelo nunha cita destacada dentro do calendario festivo de Trabada.