Os bureleses comezaron a súa pretempada futbolística

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
25 Ago 2019

O Pescados Rubén Burela ten programada a súa pretempada, que xa comezou o pasado 10 de agosto cun amistoso co Atlético Benavente, o Boal FS e o equipo burelés de fútbol sala, no polideportivo municipal de Tapia de Casariego, ás sete da tarde. Tamén o 17 de agosto, o Pescados Rubén xogou un amistoso contra o Movistar Inter FS, en Madrid.

Tras participar no torneo Burela Bonita deste ano estes días no pavillón do Vista Alegre burelés, o 29 de agosto disputarase un partido da Copa Galicia Masculina cun enfrontamento entre o Concello de Begonte FS e o Pescados Rubén Burela FS, que se desenvolverá no pavillón municipal begontino de Baamonde, ás 21 horas.

Xa entrando no mes de setembro, o día 4, o Parrulo Ferrol FS e o Burela xogarán un amistoso no pavillón de A Malata, na cidade ferrolá, ás 21.00 horas.

0.12753701210022