Os bombeiros de Viveiro reciben un equipo de excarcelación
O presidente da Deputación de Lugo e do Consorcio Provincial de Bombeiros, José Tomé Roca, xunto á deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, visitou este venres o Parque de Viveiro para comprobar de primeira man o investimento de preto de 45.000€ nun novo equipo de excarceración. Os responsables provinciais estiveron acompañados pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, o delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, e a xerente do Consorcio, Marta Rouco.
Esta dotación, consistente nunha bomba a motor e diferentes ferramentas para facilitar o traballo dos bombeiros cando a vítima dun accidente de tráfico queda atrapada no interior dun vehículo, é máis moderna, lixeira e potente. Grazas a esta nova dotación, o Parque de Viveiro conta con dous equipos de excarceración, como o resto de instalacións da rede provincial.
O Consorcio Provincial de Lugo para Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento está formado pola Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia e inclúe os parques de Monforte de Lemos, Barreiros, Chantada, Vilalba, Sarria e Viveiro.