O BNG de Ribadeo demanda persoal sanitario necesario para o centro de saúde
AMariñaXa
Os nacionalistas sinalan as ausencias: "Sen pediatra, sen unha praza de Medicina Xeral e sen comadroa”
8 Jan 2025
Os nacionalistas de Ribadeo denuncian que se comeza o ano 2025 “sen pediatra, sen unha praza de Medicina Xeral e sen comadroa” no centro de saúde.
“As nosas nenas e nenos, e os adultos en xeral, ben podemos coidar da nosa saúde, que se agardamos polo persoal sanitario que precisamos, imos aviados!”, afirman desde o BNG e afirman que non se cobren baixas nin xubilacións e aumenta o número de doentes a atender por parte de cada sanitario.
“Desde o BNG de Ribadeo seguiremos a insistir na necesidade de cubrir esas prazas vacantes ou baixas”, manifestan e indican que, tanto Pablo Vizoso, desde Ribadeo, como Daniel Castro, no Parlamento de Galicia, volverán demandar que se dote xa do persoal sanitario necesario ao centro de saúde de Ribadeo.