Os Aturuxeiros de Bravos organizan unha comida chea de risas e bo humor
Os Aturuxeiros de Bravos organizan o vindeiro 8 de decembro unha comida chea de risas e bo humor á que poderá asistir toda aquel que queira pasar un bo rato comendo, bailando e contando ou escoitando chistes.
Comezará ás 12.30 horas no local social de Bravos cunha sesión vermú amenizada polo Dúo Zafiro, á que seguirá unha boa comida a base de callos e lacón. Continuará con outra pouca de música e, seguidamente, e durante o resto da tarde, toda aquell que queira amosar o humorista que leva dentro poderá subir ó escenario e coller o micro para contarnos un chiste, conto…
Para participar haberá que anotarse no número de WhatsApp 661 866 552 ata o día 4 de decembro. A partir do 4 non se admitirán máis inscricións por evidentes temas loxísticos e de organización debido á proximidade da celebración do evento