Os Amigos da Maruxaina, de Cervo, organiza unha mexillonada popular

A Asociación Amigos da Maruxaina organiza para o venres 14 de xullo unha mexillonada popular para todos os veciños. Esta cita será na praza dos Campos ás 20.00 horas e nela tamén colabora o Concello de Cervo.
Este tipo de festas gastronómicas contribúen a darlle vida á vila e sempre son un reclamo para atraer visitantes, ofrecendo un produto do mar e con tantas posibles receitas.