Alumnos do Martínez Otero de Foz realizaron a súa excursión de fin de curso
O alumnado de 1° e 2° de Primaria do Colexio Martínez Otero de Foz realizou a súa excursión de fin de curso. En primeiro lugar, visitaron a Fortaleza de Tovar, en Lourenzá.
Nesta Fortaleza desfrutaron e coñeceron de preto a propia fortaleza por dentro e a exposición de xoguetes tradicionais que nela se atopa. Manolo foi a persoa encargada de explicarlles a exposición, posto que, ademais, foi quen realizou moitos dos xoguetes que están alí expostos.
Os rapaces e rapazas participaron dos diferentes xogos tradicionais, de feito, ata fixeron parte dunha carreira de caracois e, para rematar, ensináronlles a lanzar un foguete ao aire cunha cana.
Despois de aprender sobre xogos tradicionais, saíron cara Ribadeo pero só puideron visitar o cargadoiro e o reloxo de sol por mor da chuvia.