Os alumnos do Martínez Otero de Foz formaronse en técnicas de supervivencia
Dentro da programación da materia de Educación Física de secundaria, e relacionado coa cadena de supervivencia, desenvolveuse, na tarde do luns 14 de marzo, no Colexio Martínez Otero, unha actividade que o colexio considera vital, como é a de formar ao alumnado e ao profesorado nas técnicas básicas de supervivencia.
Grazas a Carmen Pernas, médica especialista en familia e formadora, os nenos de 4°da ESO puideron coñecer, máis polo miúdo, como actuar en casos de perda de coñecemento, atragoamentos ou as maniobras relacionadas coa RCP. A formación combinou sesións teóricas e prácticas. Nestas últimas, Carmen estivo acompañada tamén por persoal sanitario, Camilo Vázquez, Sara Muíña e Patricia Amigo, que colaborou na explicación.
As sesións prácticas baseáronse en tres estacións, polas que o alumnado debía ir rotando, onde se executaba o aprendido nas clases teóricas: ventilacións, masaxes, posicións laterais de seguridade, uso do DEA etc.
Ademais grazas a unha campaña impulsada pola ANPA o Colexio Martínez Otero é un centro cardioprotexido.