Os Alfombristas de Galicia engalanarán a Ofrenda do Apóstolo 2020

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Federación de Asociacións de Alfombristas de Galicia aceptou a encomenda de elaborar as alfombras florais que engalanarán os actos de Ofrenda do Apóstolo 2020 na que participarán SS.
Captura de pantalla 2018 08 29 a las 12.42.06
23 Xul 2020

A Federación de Asociacións de Alfombristas de Galicia aceptou a encomenda de elaborar as alfombras florais que engalanarán os actos de Ofrenda do Apóstolo 2020 na que participarán SS.MM. Los Reyes de España, Felipe VI e Letizia

Alfombristas de toda Galicia (Burela, Ponteareas, Bueu, Rianxo, Moaña, Redondela, Cangas, Gondomar, Miño, Ames, Cela, Cerponzóns e Mazaricos) confeccionarán 3 alfombras na contorna de San Martiño Pinario.
A temática é o Apóstolo Santiago presidindo o altar maior da Catedral, os instrumentos do Pórtico da Gloria e o concerto floral do verán.

Deseñadas por artistas de Bueu e Ponteareas, empregarase multitude de flores, cunchas de berberecho tintadas e outros materiais. Por primeira vez, empregaranse cunchas de zamburiña de Santa Uxía de Ribeira tratadas con vinagre da Ribeira Sacra.

Os traballos darán comezo ás 21 horas do día 24 de xullo e desenvoleranse durante toda a noite, podendo o público en xeral achegarse a desfrutar do traballo solidario, xeneroso e espectacular dos alfombristas, e estarán á vista ata o final dos oficios.

0.10024785995483