Os aficionados aos coches teñen unha nova cita coa IV Xuntanza de Coches Clásicos Ourol
Os aficionados aos coches clásicos teñen unha cita ineludible o vindeiro 11 de marzo no salón multiusos de Ourol. Alí terá lugar a IV Xuntanza de Coches Clásicos Ourol que organizan un ano máis os Aturuxeiros de Bravos coa xente do Club Clásicos Viveiro.
A reunión comezará ás 10.00 horas coa recepción de coches e ás 12.00 será o paseo turístico que rematará ás 13.00 coa sesión vermú a cargo de Verónica Cambón.
Xa ao mediodía, haberá un xantar servido por Seiramar Eventos, que ten un prezo de 30 euros socios e 35 os que non o sexan. As reservas poderán facerse ata o 7 de marzo.
Pola tarde os xogos e competicións colleran as rendas da festa, para despois desfutar dos sorteos e a entrega de premios ao coche máis antigo, máis lonxano, e ao mellor restaurado.
Para máis información será necesario chamar aos teléfonos 678 586 816 e 605 088 719.