Os actos do 75 aniversario do colexio do Pilar de Foz comezarán mañá
Neste mes de maio cúmprense 75 anos da presenza das Relixiosas Franciscanas da Purísima en Foz.
Así pois, neste ano tan atípico terán que facer uns actos con aforo moi reducido e non como lles gustaría que fosen en condicións normais, onde puidesen participar todas aquelas persoas que o desexasen: alumnos e ex-alumnos, familias, amigos…
Os actos previstos para estas datas darían comezo o mércores 5 de abril, ás 20.00 horas na Sala Bahía cun acto de inauguración. Este acto contará coa presenza de Antón Niñe, estudoso de todo o relacionado coa comarca e gran coñecedor da historia do colexio.
Xa o sábado 1 de maio ás 12.00 horas dará comezo unha exposición fotográfica dos 75 anos de historia do Colexio, no Cenima de Foz.
Poderase visitar de luns a venres de 10 a 14 horas e de 18 a 20 horas, os sábados de 18 a 20 horas, e os domingo de 11.30 a 13.30 horas.
O 27 de maio será o acto de clausura no que se descubrirá unha placa conmemorativa, a continuación pechará o acto a Superiora Xeneral da Congregación e finalmente haberá na Parroquia unha Eucaristía de Acción de Grazas.