Os abonos do Resu para empadroados en Viveiro saen á venda mañá 1 de abril

AMariñaXa
Os abonos do Resu para empadroados en Viveiro saen á venda mañá 1 de abril. Deberase estar empadroado desde fai 6 meses
resurrection cartel completo 2022
31 Mar 2022

Os abonos a prezo reducido para as persoas empadroadas en Viveiro saen á venda mañá venres 1 de abril. Como sempre, poderanse comprar nos Claustros de San Francisco, todos os venres de 9:00 a 11:00 e de 12:00 a 14:00 horas. Só poderán gozar destes abonos os censados na localidade desde hai polo menos 6 meses. Á hora de ir a por eles pedirállevos o DNI xa que estes abonos son nominativos, é dicir, son persoais e intransferibles. O prezo será de 79 € para os abonos de 3 días e 149 € para as Pandemonium. Ambas estarán limitadas e só poderán comprarse ata fin de existencias.

A organización do festival viveirense anunciou xa as datas da edición de 2022 e tamén o cartel completo para a súa nova edición. Así, o festival en 2022 celebrarase do 29 de xuño ao 3 de xullo e xa anunciaron de que haberá algunha sorpresa máis por anunciar.

BANDAS

A maioría das bandas anunciadas para o 2021 seguen no cartel, e poderase desfrutar dunha cabeceira incrible: Avenged Sevenfold (data única en España e unha das poucas actuacións en Europa o ano que vén), KoRn (único festival en España), Judas Priest - 50 years (celebrando os seus 50 anos como un dos referentes do heavy metal), Deftones e Sabaton (coa maior produción que tiveron nunca en España), quen será os encargados de encabezar os cinco días de festival, xunto con outras bandas como Bring Me The Horizon cunha gran produción, Rise Against (único festival en España), Bullet For My Valentine ou Opeth, que tamén brillarán con luz propia.

Para o último gran oco que faltaba quixeron contar cunha banda que lles encanta e que os fans do festival levan pedindo moitas veces nestes últimos anos, estes son Mastodon. Os estadounidenses poñerán a guinda á programación do sábado, e ao cartel tamén se unirán tres bandas máis: The Raven Age, Ciclonautas e Bourbon Kings, deixando unha carteleira de ilusión para un 2022 no que teremos moitísimas ganas de concertos.

As bandas e os escenarios serán as seguinte. No principal estarán Mastdon, Heaven Shall Burn, Sepultura, Jinjer, Rise of the Northstar, Spiritbox, Caliban, Dagoba, Beyond The Black, Eskimo Callboy, Our Hollow Our Home, e Deadly Apples mantéñense no escenario principal, mentres e recupérase a Crossfaith e engádese a Alien Weaponry. Pechando a warm- up tamén terán a Bleed From Within e Serrabulho e por último Hamlet, Vita Imana, Skunk D. F., Onza, Free City e Bolu2 Death tamén actuarán no escenario principal.

Nos escenarios temáticos contarán con grandes artistas, como sempre. No Ritual Stage contarán con Dark Funeral, The Raven Age, Decapitated, Bloodbath, Sylosis, Angelus Apatrida, Vomitory, Enforced, Infected Rain, Neaera, Benighted, Master Boot Record, Dead Label, Gaerea ou As Everything Unfolds.

No Chaos Stage, escenario de hardcore e punk, gozarase de Madball, Lionheart, Raised Fist, Knocked Loose, Morning Again, Moscow Death Brigade, Doyle, Bourboun Kings, Employed to Serve, Belvedere, Svalbard, Misconduct, A Armada, Blowfuse, Ruxe Ruxe e True Mountains, entre outros.

Por último no Desert, volven Amenra co seu incrible espectáculo, o carismático Nergal con Me And That Man, And So I Watch You From Afar, Toundra presentando o seu novo disco ao grande, Planet of Zeus, Torche, My Sleeping Karma, The Picturebooks, Celeste, O Altar do Holocausto, Adrift, Regarde Les Hommes Tomber, Ciclonautas, Frutería Toñi e Chris Masuak cos seus Viviero Wave Riders Association.

DESCANSO

Este ano contarán de novo coa nova zona de descanso Beachcamp situada na praia de Area. O Beachcamp propón outra forma de aloxamento, cunhas vistas espectaculares, localización inmellorable e todas as comodidades para facer da túa estancia en Viveiro algo inesquecible.

O Resucamp estará situado no mesmo emprazamento que estes anos pasados, a escasos metros da entrada ao recinto e moi próximo da praia de Celeiro, e volve unha vez máis tras esgotar todos os anos desde 2013.

A zona de descanso A, situada no Parque de Pernas Peón, en Covas e a tradicional desde os nosos comezos, foi agrandada para acoller a máis xente e engadimos máis baños que nunca, duchas de auga quente (ademais das de auga fría xa existentes). Como sempre, haberá buses cada pouco tempo desde a zona ao recinto e viceversa por un prezo simbólico. Será a vosa zona de descanso favorita se vos gusta especialmente a festa e o bo ambiente á beira da praia e do centro de Viveiro. Ademais, este ano tamén haberá un supermercado á beira da acampada, mira esta ligazón para máis información.

A zona B, estará situada no miradoiro de San Roque, cunha gran zona de aparcamento. Idónea para a xente que vén en auto-caravana ou furgoneta e gústaslle a tranquilidade.

En todas as acampadas haberá #aparcamento nas proximidades, e poderedes ir desde principios de semana antes de que comece o festival. Confirmarase en breves toda a información respecto ao servizo de bus entre recinto e ambas as zonas de descanso.

Un ano máis traen tamén a mellor opción de aloxamento para non cargar coa tenda de campaña ata Viveiro, o Glamping do Resurrection Fest. Con vistas ao mar Cantábrico e a só cinco minutos da praia de Area, esta área ofrece servizos exclusivos e diferentes opcións de aloxamento que van desde o máis básico todo o máis exclusivo.

Existen diferentes opcións dentro do Glamping, con tendas para 1 ou 2 persoas, con opción de alugar soamente a tenda ou colchón, opción de almorzo… todo o que necesitas para facer máis cómoda a túa estancia durante o Resurrection Fest.

0.1660430431366