Órrea non terá festa pero si oficios relixiosos, unha charla e unha reunión veciñal
A Asociación de Veciños e Santa Comba da Órrea decidiu un ano máis suspender as festas patronais debido á situación sanitaria, que malia que no Concello non hai casos si é preocupante en toda a contorna.
Así, o propio día da festa, o sábado 7 de agosto haberá só oficio relixioso, que será ás 13.30 horas con procesión na honra de Santa Comba e de San Antonio, que estará ao cargo do padre José María Huertas Hermida.
Ademais, esa mesma tarde, os veciños organizaron unha charla sobre o Plan Básico Municipal e sobre as súas repercusións na parroquia. A ponencia estará a cargo de Óscar Fernández responsable da empresa Xelda, Eido Rural. Será o ás 18.30 horas no local social. Entre outros asuntos analizarse cada caso.
Finalmente, o domingo, a asociación celebrará a súa asemblea xeral anual na que se votará a renovación da directiva, o orzamento, as previsións para este ano e as necesidades actuais da parroquia. A asamblea terá lugar ás 18.30 horas do domingo 8 de agosto, tamén no local social.