Órrea acolleu unha andaina reivindicativa da Vía Rexia

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Un grupo de 20 persoas participaron no roteiro reivindicativo da Vía Rexia organizado pola asociación de veciños de Santa Comba da Órrea.
69733757_582883878910516_3651440350196662272_n
8 Nov 2019

Un grupo de 20 persoas participaron no roteiro reivindicativo da Vía Rexia organizado pola asociación de veciños de Santa Comba da Órrea.

Aínda que foi un día de intensa choiva, a sesión tivo un percorrido animado entre o lugar das Fontelas, última aldea da parroquia pontenovesa de xudán, ata o Mesíus Vello, na pastoricense de Álvare e tras percorrer a parroquia de Órrea atravesando os lugares de Regocroto, O Val e a Barreira.

A actividade contou coa celebración dun xantar nun restaurante da localidade. Os camiñantes aproveitaron para deseñar unha serie de actividades destinadas a divulgar e potenciar esta ruta, entre as que destacan a organización no local parroquial dunha conferencia a cargo dun coñecido historiadro, especialista en rutas xacobeas, e dunhas xornadas a celebrar na Pontenova e nas que participan diversos colectivos implicados na posta en valor deste vía.

A denominada Vía Rexia do Norte, actualmente catalogada como vía cultural, é unha variante do Camiño Orte, que na actualidade se atopa nun proceso de fixación do trazado definitivo e que, partindo de Santiago de Abres e seguindo a cunca do Eo, pasaría polo concello asturiano de San Tirso, para adentrarse naprovincia de Lugo a través da Pontenova, ascender polos montes da Órrea ata acadar a Chaira luguesa polas terras da Pastoriza, Meira, Pol e Castro de Rei converxendo na cidade de lugo co Camiño Primitivo.

0.200599193573