Organízase unha charla-encontro centrada na Fraga Santo Estevo do Ermo
AMariñaXa
A actividade, organizada por Irmandade Santo Estevo, Mariña Patrimonio e a Fundación Eira da Xoana, será este venres 19 de xullo
16 Xul 2024
A Irmandade Santo Estevo, Mariña Patrimonio e a Fundación Eira da Xoana (ADEGA) organizan unha charla-encontro para o venres 19 de xullo, centrada na Fraga Santo Estevo do Ermo e os seus restos arqueolóxicos.
Este encontro ten como obxectivo principal informar sobre o proceso de adquisición da parcela onde se atopan os restos arqueolóxicos e proporcionar un espazo para debater e intercambiar ideas sobre a ampliación da fraga de Santo Estevo do Ermo, así como sobre a revalorización deste xacemento medieval.
Todas as persoas interesadas en asistir poderán facelo de maneira gratuíta achegándose ao Salón de Actos do Centro Sociocultural de Barreiros a partir das 20.00 horas.