Organizan unha limpeza na praia de Celeiro a favor do banco de alimentos


Organizan unha limpeza de fondos mariños na praia de Celeiro, en Viveiro. A actividade terá lugar o vindeiro 1 de xuño e a través dela cambiarán os quilos de residuos que os participantes logren retirar por quilos de comida que doarán á Federación Española de Bancos de Alimentos.
A actividade, que comezará ás 9.00 horas, está organizada pola escola Costa Lugo e conta coa colaboración do Concello de Viveiro. Os interesados en participar poden solicitar máis información a tavés do correo cascostalugo@gmail.com