Organizan unha degustación de hamburguesas de cabalo galego na Pontenova
AMariñaXa
A cita prográmase omo previa á primeira Rapa das Bestas que se celebrará no municipio
Imaxe de arquivo
4 Xul 2024
Organizan unha degustación de mini hamburguesas de cabalo galego na Pontenova, como previa á primeira Rapa das Bestas que se celebrará no municipio o día 20 de xullo da man da Asociación ecuestre A Pontenova coa colaboración do Concello, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e de Puraga.
A degustación será o venres 19 a partir das 20.00 horas en cinco locais hostaleiros do concello. Concretamente, os asistentes poderán gozar destas elaboración en O Lar de Balbina, Sidrería A Mina, Cafetería Csa de Cultura, Rony Bar e Bar Puente.