Organizan unha conferencia en Riotorto sobre Avelino Díaz

AMariñaXa
Dentro da programación arredor dos 124 anos do nacemento de Avelino Díaz, celebrarase en Riotorto unha conferencia.
conferencia avelino diaz riotorto_portada
5 Xan 2022

Dentro da programación arredor dos 124 anos do nacemento de Avelino Díaz, celebrarase no Centro Sociocultural Avelino Díaz de Riotorto un acto que contará coa conferencia do profesor Bernardo Penabade Rei, investigador da obra de Avelino, titulada O regreso de Avelino Díaz, cidadán de dous mundos, e coa actuación da Coral de Riotorto.

O evento, que será presentado por Yoani Jartín Salgado, terá lugar o sábado 15 de xaneiro, a partir das 17.00 h.

No acto farase entrega dunha edición en facsimile do libro de Avelino Díaz Unha voz comprometida na Galicia emigrante.

Para este evento a entrada será libre pero o aforo estará limitado en función da normativa covid vixente.

0.18315005302429