Organizan unha cea popular con motivo das Festas de Ourol

AMariñaXa
Será imprescindible recoller os tíckets nas dependencias do Concello e entregalos o propio día
casa-do-concello-ourol
4 Ago 2024

Organizan unha cea popular con motivo das Festas de Ourol. A cita será o vindeiro 10 de agosto a partir das 21.45 na carpa situada na praza do Concello. Ten un prezo de 28 euros para os maiores de 11 anos, de 14 para os nenos de 7  a 11 e gratuíta parra os menores de ata 6 anos.

Os empadroados no concello comerán de balde. Será imprescindible recoller os tíckets nas dependencias do Concello e entregalos o propio día. Os interesados poden anotarse ata o 7 de agosto ás 14.00 horas. As festas no municipio celebraranse os días 10, 11 e 15 de agosto. Inclúen presentacións literarias, actuacións de música tradicional e verbenas con Suavecito, grupo Alba, Zona Zero e o trío Zafiro.

0.19444799423218