Organizan un curso gratuíto de harmonía e composición en Viveiro

AMariñaXa
O Concello de Viveiro organiza un curso de composición denominado Harmonía aplicada á composición no Conservatorio local.
17 Feb 2021

O Concello de Viveiro, a través da concellería de Educación e xunto co Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, organiza un curso de composición denominado Harmonía aplicada á composición, no marco do ciclo de cursos gratuítos.

Esta formación será impartida por Ángel Soto Mosquera, profesor de composición do conservatorio viveirense, e diríxese a alumnos/as e profesores/as relacionados coa especialidade.

Para a asistencia ao curso, esíxense uns coñecementos de harmonía mínimos de 4º de grao profesional.

As datas establecidas para celebrar a formación serán entre o 22 de febreiro ata o 5 de abril de 2021. A intención é alternar actividade presencial e telemática dependendo das necesidades e da situación sanitaria provocada polo COVID-19.

O curso tratará diversos aspectos orientados á composición, intentado explorar novos puntos de vista na materia. Ademais, trataranse de investigar en profundidade tanto a harmonía tonal como as novas sonoridades explotadas polos compositores a partir do século XX ata os nosos días.

As prazas do curso son limitadas, puidendo os interesados/as solicitar información no enderezo electrónico: alumnosconservatorio@gmail.com

0.1569550037384