Organizan un curso de marketing dixital para turismo e comercio da Pontenova

AMariñaXa
O Concello da Pontenova, a través do seu departamento de Turismo, organizaron unha acción formativa sobre Marketing dixital e redes sociais.
curso marketing a pontenova portada
3 Mar 2021

O Concello da Pontenova, a través do seu departamento de Turismo, organizaron unha acción formativa que leva por título Marketing dixital e redes sociais para turismo e comercio.

Con esta iniciativa preténdese apoiar ao comercio e á hostalaría deste municipio nesta época complicada para ambos os dous sectores.

Trátase dun taller gratuíto que se desenvolverá o día 11 de marzo, entre as 19.00 e as 21.00 horas, a cargo da responsable de turismo da Pontenova, Verónica Ramallal.

Ramallal é veciña da Pontenova e conta con máis de dez anos de experiencia no sector do márketing dixital e da formación. O obxectivo deste curso é aprender e deseñar unha estratexia propia para sacarlle todo o partido á rede.

Todas as persoas que estean interesadas en participar neste primeiro taller poden inscribirse xa a través do dominio web https:// turismoapontenova.es/inscricions/.

154347018_1669840979865257_7770268682817765967_o
0.19413185119629