Organizan un curso de camareiras de piso en Viveiro
AMariñaXa
Trátase dunha proposta dunhas 80 horas que terá lugar en Viveiro
Foto recurso
29 Xul 2024
A Asociación de Mujeres en Igualdad (BUMEI) quere levar a cabo un curso de camareiros de piso dirixido a persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade social ou económica. Trátase dunha proposta dunhas 80 horas que terá lugar en Viveiro no mes de setembro e para a que se poden anotar antes do 5 de agosto. Para anotarse ou obter máis información poden chamar ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol no 982 559 109 ou no 677 489 457.