Organizan o día 31 de maio en Ribadeo unha saída ao balneario de Ferreira de Pantón

AMariñaXa
O Concello faise cargo do transporte, co obxectivo de facilitar a participación e facer a actividade máis accesible
balneario-augas-santas
11 Apr 2026

O Concello de Ribadeo, a través da Área de Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM), organiza unha nova saída ao balneario de Ferreira de Pantón, que terá lugar o vindeiro 31 de maio.

Segundo explica a concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, “esta actividade enmárcase dentro do Programa Anual de Apoio e Autocoidado das Mulleres, co que desde o Concello promovemos iniciativas orientadas ao benestar físico e emocional, así como á creación de espazos de encontro e de convivencia”.

A actividade está dirixida a mulleres e conta cun total de 50 prazas dispoñibles. A saída realizarase ás 9:00 horas desde a Escola de Música de Ribadeo e a chegada está prevista arredor das 20:00 horas.

O Concello faise cargo do transporte, co obxectivo de facilitar a participación e facer a actividade máis accesible. As participantes poderán escoller entre dúas opcións:

Opción 1: acceso ao spa máis buffet no balneario cun prezo de 46 €.
Opción 2: acceso unicamente ao spa por 23 €.

As inscricións poderán realizarse no Auditorio Municipal Hernán Naval, a través do teléfono 982 120 739 ou do correo electrónico cim@ribadeo.gal, no prazo comprendido entre o 13 e o 23 de abril de 2026.

Begoña Sanjurjo subliñou que “estas saídas son unha oportunidade para parar, coidarnos e compartir tempo de calidade entre mulleres, algo fundamental no noso día a día”.

0.10343980789185